Fártome de dicir que a ignorancia é a nai de todas as ousadías. Neste día eu voume introducir en ese grupo de ignorantes. Por honrar os nostálxicos, sobre todo os que están aló dos mares, hoxe vou intentar escribir en galego. Esta mañá estiven o carón da lareira afumando as carnes da matanza que fixemos este ano. Teño que recoñecer que sentinme diferente. Non me coñecía a min mesmo estando a facer ese traballo. Sentinme mais galego, mais aldeano.

O mesmo aconteceume cando afumei os chourizos. Ainda que coa carne foi diferente.

Qué enxebre sentinme sentado na banca de pedra dende onde o noso avó pedía as contas dos traballos feitos por cada un de nós e distribuía as labores do seguinte día. ¡ Qué tempos mais xeitosos aqueles! Hoxe sentinme mais de Beariz mais galego, mais español, mais universal.